BIOGRAFÍA
Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Na súa partida de nacemento figura como " filla de pais incógnitos " , puntualizándose, sen embargo, que " vai sen número por non haber pasado á Inclusa".
Súa nai era dona María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía e tiña trinta e dous anos e tres meses cando naceu Rosalía. Seu pai, don José Martínez Viojo, acababa de cumprir trinta e nove anos e era sacerdote; non puido, polo tanto, recoñecer, nin lexitimar a filla, aínda que si parece que se interesou por ela e encargou do seu coidado ás súas irmás.
Foron as tías paternas de Rosalía, dona Teresa e dona María Josefa, as que se fixeron cargo da nena nos primeiros tempos, levándoa a vivir con elas, primeiro en Ortoño, na casa familiar chamada Casa do Castro, e despois en Padrón.
Non se sabe con exactitude cando a súa nai se fixo cargo dela. Sábese que ata os oito anos , Rosalía estaba baixo a custodia da súa tía paterna Teresa Martínez Viojo e que polo ano 1850, Rosalía trasládase a vivir coa súa nai a Santiago de Compostela, pero antes deste ano, Rosalía xa vivira coa súa nai en Padrón.
Rosalía cásase no ano 1858 con Manuel Murguía. Catro anos máis tarde morre a súa nai, dona Teresa. Rosalía escribe entón un libriño de poesías, A mi madre, onde dá mostras dunha gran dor e sobre todo dun sentimento de soidade que xa non a abandonará nunca. Nada puido encher o oco que deixara a nai na súa vida.
Tivo os fillos seguintes: Alejandra ( 1859 ), Aura ( 1868 ) , Gala e Ovidio ( xemelgos, 1871 ) , Amara ( 1873 ) , Adriano Honorato Alejandro ( 1875 ) e Valentina ( naceu morta 1877 ).
Rosalía morreu o 15 de xullo de 1885 en Padrón.
OBRA
1857 La flor ( poesía )
1858 Lieders ( artículo en prosa )
1859 La hija del mar ( prosa )
1861 Flavio ( prosa )
1863 A mi madre ( poesía )
Cantares Gallegos ( poesía )
1864 Conto gallego ( conto )
1866 Las literatas ( prosa )
El cadiceño ( conto )
Ruinas ( novela )
1867 El caballero de las botas azules ( novela )
1880 Follas novas ( poesía )
1881 El primer loco ( novela breve )
El domingo de ramos ( prosa )
Padrón y las inundaciones ( prosa )
Costumbres gallegas ( artículo en prosa )
1884 En las orillas del Sar ( poesía )
No hay comentarios:
Publicar un comentario