BIOGRAFÍA
Castelao naceu o 30 de xaneiro de 1886 en Rianxo ( A Coruña ). Dada a boa economía da familia pola emigración do seu pai, Castelao comeza os seus estudos. En dous anos remata por libre o bacharelato. En 1902 matricúlase en Medicina en Santiago. É membro da tuna e actúa en obras teatrais galegas. Licénciase en 1908 e entre 1908 e 1909 cursa o doutorado en Madrid. A finais de 1908 preséntase á primeira Exposición de Humoristas de Madrid con dous debuxos que teñen un gran éxito. Entre 1910 e 1915 pronuncia en diferentes lugares, como o Ateneo de Madrid, a conferencia Algo acerca de la caricatura, que se publica en Pontevedra. En febreiro de 1912 fai en Ourense a súa primeira exposición individual. Pouco despois inaugura en Madrid a súa famosa mostra da sala Iturroiz, casa con Virxinia Pereira na Estrada e establécese como médico en Rianxo.
En 1913 nace o seu único fillo, Alfonso Xesús. Máis tarde abandona a medicina e oposita o corpo técnico do Instituto Xeográfico e Estadístico. En 1919 expón en diversas vilas e cidades de Galicia, así como en Madrid, os cincuenta debuxos de Nós e publica Arte e Galeguismo na Coruña. En 1920 fúndase a revista Nós encargándose Vicente Risco da dirección literaria e Castelao da artística. En 1922 aparece Un ollo de vidro en Ferrol , co que inicia a súa producción narrativa. En 1924 pronuncia o seu discurso de ingreso no Seminario de Estudios Galegos titulado Do novo espírito. Funda xunto con Losada Diéguez a Coral Polifónica de Pontevedra en 1925 e en 1926 publica Cousas na Coruña e é elixido membro numerario da Real Academia Galega. En 1927 morre o seu fillo , o que o afecta profundamente e manteno inactivo durante un ano. Durante a Guerra Civil reside en Madrid, Valencia e Barcelona, acompañando ó goberno republicano nos sucesivos desprazamentos a ditas cidades. En 1945 funda a revista Galeuzca. Morreu o 7 de xaneiro de 1950.
No hay comentarios:
Publicar un comentario