BIOGRAFÍA
Ramón Otero Pedrayo naceu o 5 de marzo de 1888 en Ourense. Cursou estudos de bacharelato no Instituto de Ensino Medio de Ourense entre os anos 1896 e 1904. En maio de 1905, inicia en Santiago un cursiño para examinarse como alumno libre do curso de ampliación, preparatorio para as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras. Unha vez aprobado, decide cursar en Madrid a carreira de Filosofía e Letras, sección de Historia, que simultanea coa de Dereito. Rematos os estudos universitarios, preprara oposicións a Cátedras de Xeografía e Historia en Institutos de ensinanza media, que consegue en 1919. Despois dun curso en Burgos e outro en Santander toma posesión en Ourense o 1 de outubro de 1921. Sae candidato ás Cortes Cosntituíntes polo Partido Nacionalista Republicano de Ourense. En 1935, sucede ó catedrático Luís Iglesias na presidencia do Seminario de Estudios Galegos, do que xa dirixía a sección de Xeografía e Historia. O 31 de marzo de 1950 gaña por oposición a Cátedra de Xeografía da Universidade de Santiago. Neste mesmo ano é nomeado presidente do Consello de Administración da Editorial Galaxia.
Morreu o 10 de abril de 1976 en Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario