BIOGRAFÍA
Ramón Cabanillas Enríquez naceu en Fefiñáns ( Cambados, Pontevedra ) no ano 1876. Despois de abandonar a carreira eclesiástica en Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do Concello. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu entre 1910 e 1915.
De volta a Galiza, traballou en varios concellos do país e coñeceu a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servicio da construción nacional , abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. Así, en Da terra asoballada ( 1926 ) e nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu conscienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo.
En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu un discurso titulado " A saudade nos poetas galegos ". En 1929, coa lectura dun discurso sobre Eduardo Pondal, Cabanillas ingresa na Real Academia Española e traslada a súa residencia a Madrid, onde o sorprende o inicio da Guerra Civil.
Faleceu en Cambados o 9 de novembro de 1959. Na actualidade os seus restos mortais, encóntranse depositados na igrexa de Santo Domingo de Bonaval, no espacio coñecido como Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario