viernes, 2 de marzo de 2012

MANUEL MURGUÍA


BIOGRAFÍA

Naceu o 17 de maio de 1833 en Arteixo. Seus pais foron o farmacéutico compostelán Juan Martínez Castro e a guipuscoana Concepción Murguía Egaña.
Seu pai traslada a botica e a residencia a Santiago. Entre 1843 e 1848 estudia latín e humanidades e en 1850 obtén o grao de bacharel en filosofía pola universidade compostelá.
No Liceo da Xuventude, coñeceu a Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e o máis inquedo da mocidade compostelá e alí formouse a súa mentalidade progresista e a súa vocación literaria. A primeira novela, Desde el cielo, escríbea cando tiña 17 anos, pero non tardou moito en descrubri-la súa verdadeira vocación, a de historiador.
En 1853 marcha a Madrid, coñece a Rosalía de Castro e publica unha crítica de La Flor, o primerio libro de poemas da escritora. En 1858 casan e froito do matrimonio nacen sete fillos: Alexandra, Aura, Gala, Ovidio, Amara, Adriano e Valentina. A vida do matrimonio foi bastante azarosa por cousa dos altibaixos económicos derivados da inseguridade no traballo, os cambios continuos de domicilio, as frecuentes separacións, e a delicada saúde dela que a obrigaban a pasar longas tempadas en Santiago ou en Padrón. Murguía foi quen pretou maior apoio e alento á obra literaria da súa muller.
A partir de 1859 instálase en Galicia onde dirixe Diario de La Coruña. Aquí permanecerá ata a súa morte.
Murguía pertence ó grupo dos historiadores románticos galegos, que reivindican os dereitos históricos de Galicia.
Con 72 anos surxe en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua e un dicionario da lingua galega.
Morreu o 2 de febreiro de 1923 na Coruña.


OBRA

Relatos

_ Un can -can de Musard ( conto ) , 1853.
_ Un artista ( conto ) , 1853 
_ Desde el cielo ( novela ), 1854
_ Luísa ( conto ), 1855
_ La Virgen de la Servilleta ( novela ), 1855
_ El regalo de boda ( novela ) , 1855
_ Mi madre Antonia ( novela ) , 1856
_ Don Diego Gelmírez ( novela ) , 1856
_ El ángel de la muerte ( novela ) , 1857
_ La mujer de fuego ( novela ) , 1859


poemas

_ Nena d'as soledades ( poema ),  1856
_ Madrigal ( poema ) , 1856
_ La flor y el aire ( poema ) , 1856
_ A una paloma ( poema ) , 1856
_ A las ruínas del Castillo de Altamira ( poema ) , 1856
_ En un Álbum ( poema ) , 1856
_ Al partir ( poema ) , 1862 
_ Tres poemas na antoloxía El Álbum de la Caridad , 1962 . Son os poemas Madrigal, Nena
   d'as soledades e Gloria.
_ Sueños dorados ( poema )
_ Ildara de Courel ( poema )
_ Soneto de Pardo de Cela ( poema )
_ Los versos fueron mi ilusión primera ( poema ) , 1903.


Libros

_ La primera luz . ( 1860 )
_ Dicionario de escritores galegos. ( 1862 )
_ De las guerras de galicia en el siglo XV y de su verdadero carácter. ( 1861 )
_ Historia de Galicia.
   Tomo I ( 1865 )
   Tomo II ( 1866 )
   Tomo III ( 1888 )
   Tomo IV ( 1891 )
   Tomo V ( 1911 )
_ Memoria relativa al Archivo Regional de Galicia. ( 1871 )
_ Biografía del P. M. Fr. Benito Gerónimo Feijóo. ( 1876 )
_ El foro. ( 1882 )
_ El arte en Santiago durante el siglo XV))) y noticia de los artistas que florecieron en dicha
   ciudad y centuria. ( 1884 )
_ Los precursores. ( 1886 )
_ Galicia. ( 1888 )
_ El regionalismo gallego. ( 1889 )
_ En prosa, ( Contén a novela El puñalito ). ( 1895 )
_ Don Diego Gelmírez. ( 1898 )
_ Los trovadores gallegos. ( 1905 )
_ Apuntes históricos de la provincia de Pontevedra, folletín de La Temporada. ( 1913 )




No hay comentarios:

Publicar un comentario