sábado, 10 de marzo de 2012

OBRA DE RAMÓN OTERO PEDRAYO



OBRA

Narrativa 

_ Pantelas, home libre ( relatos breves . 1925 ) 
_ O purgatorio de don Ramiro ( relatos breves. 1926 ) 
_ Escrito na néboa ( relatos breves . 1927 )  
_ Os camiños da vida ( novela en tres libros. 1928 )  
_ Arredor de si ( novela . 1930 )   
_ Contos do camiño e da rúa ( relatos breves . 1932 )  
_ Fra vernero ( novela. 1934 ) 
_ A romaría de Xelmirez ( novela . 1934 ) 
_ Devalar ( novela . 1935 )
_ O Mesón dos Ermos ( novela curta . 1936 )
_ Entre a vendima e a castiñeira ( relatos breves . 1957 ) 
_ O señorito da Reboraina ( novela . 1960 )  
_ O Maroutallo ( relatos breves . 1974 ) 


Teatro


_ A lagarada ( 1929 ) 
_ Teatro de máscaras ( 1934 )  
_ O desengano do prioro ( 1952 ) 
_ Noite compostelá ( 1973 )

Poesía

_ Na escolma da poesía galega ( recóllense poemas soltos como " O pan de centeo " e " Himno 
   ao xamón " )
_ Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar. (  1958 ) 


Ensaio

_ Guía de Galicia ( 1926 ) 
_ Síntese Xeográfica de Galicia ( 1926 ) 
_ Pelerinaxes ( 1929 )  
_ Romanticismo, saudade, sentimento de raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e 
   Eduardo Pondal ( 1931 ) 
_ Morte e resurreción ( 1932 ) 
_ Lembranza de Goethe ( 1932 )
_ Ensaio Histórico sobre a cultura galega ( 1939 )
_ Polos vieiros da saudade ( 1952 ) 
_ O libro dos amigos ( 1953 ) 
_ O espello no serán ( 1966 )
_ Síntese histórica do século XVIII en Galicia ( 1969 )



viernes, 9 de marzo de 2012

BIOGRAFÍA DE RAMÓN OTERO PEDRAYO


BIOGRAFÍA

Ramón Otero Pedrayo naceu o 5 de marzo de 1888 en Ourense. Cursou estudos de bacharelato no Instituto de Ensino Medio de Ourense entre os anos 1896 e 1904. En maio de 1905, inicia en Santiago un cursiño para examinarse como alumno libre do curso de ampliación, preparatorio para as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras. Unha vez aprobado, decide cursar en Madrid a carreira de Filosofía e Letras, sección de Historia, que simultanea coa de Dereito. Rematos os estudos universitarios, preprara oposicións a Cátedras de Xeografía e Historia en Institutos de ensinanza media, que consegue en 1919. Despois dun curso en Burgos e outro en Santander toma posesión en Ourense o 1 de outubro de 1921. Sae candidato ás Cortes Cosntituíntes polo Partido Nacionalista Republicano de Ourense. En 1935, sucede ó catedrático Luís Iglesias na presidencia do Seminario de Estudios Galegos, do que xa dirixía a sección de Xeografía e Historia. O 31 de marzo de 1950 gaña por oposición a Cátedra de Xeografía da Universidade de Santiago. Neste mesmo ano é nomeado presidente do Consello de Administración da Editorial Galaxia. 
Morreu o 10 de abril de 1976 en Ourense. 

jueves, 8 de marzo de 2012

OBRA DE ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO



OBRA


Narrativa

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete ( 1922 )
  • Cousas ( 1926 , 1929 )
  • As cruces de pedra na Bretaña ( 1930 )
  • Cincoenta homes por dez reás ( 1930 )
  • Retrincos ( 1934 )
  • Os dous de sempre ( 1934 ) 
  • Galicia Mártir ( 1937 ) 
  • Atila en Galicia ( 1937 )
  • Milicianos ( 1938 ) 
  • Os vellos non deben de namorarse ( obra teatral ,1941 )
  • Sempre en Galiza ( 1944 ) 

miércoles, 7 de marzo de 2012

BIOGRAFÍA DE ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO


BIOGRAFÍA

Castelao naceu o 30 de xaneiro de 1886 en Rianxo ( A Coruña ). Dada a boa economía da familia pola emigración do seu pai, Castelao comeza os seus estudos. En dous anos remata por libre o bacharelato. En 1902 matricúlase en Medicina en Santiago. É membro da tuna e actúa en obras teatrais galegas. Licénciase en 1908 e entre 1908 e 1909 cursa o doutorado en Madrid. A finais de 1908 preséntase á primeira Exposición de Humoristas de Madrid con dous debuxos que teñen un gran éxito. Entre 1910 e 1915 pronuncia en diferentes lugares, como o Ateneo de Madrid, a conferencia Algo acerca de la caricatura, que se publica en Pontevedra. En febreiro de 1912 fai en Ourense a súa primeira exposición individual. Pouco despois inaugura en Madrid a súa famosa mostra da sala Iturroiz, casa con Virxinia Pereira na Estrada e establécese como médico en Rianxo. 

En 1913 nace o seu único fillo, Alfonso Xesús. Máis tarde abandona a medicina e oposita  o corpo técnico do Instituto Xeográfico e Estadístico. En 1919 expón en diversas vilas e cidades de Galicia, así como en Madrid, os cincuenta debuxos de Nós e publica Arte e Galeguismo na Coruña. En 1920 fúndase a revista Nós encargándose Vicente Risco da dirección literaria e Castelao da artística. En 1922 aparece Un ollo de vidro en Ferrol , co que inicia a súa producción narrativa. En 1924 pronuncia o seu discurso de ingreso no Seminario de Estudios Galegos titulado Do novo espírito. Funda xunto con Losada Diéguez a Coral Polifónica de Pontevedra en 1925 e en 1926 publica Cousas na Coruña e é elixido membro numerario da Real Academia Galega. En 1927 morre o seu fillo , o que o afecta profundamente e manteno inactivo durante un ano. Durante a Guerra Civil reside en Madrid, Valencia e Barcelona, acompañando ó goberno republicano nos sucesivos desprazamentos a ditas cidades. En 1945 funda a revista Galeuzca. Morreu o 7 de xaneiro de 1950.

martes, 6 de marzo de 2012

OBRA DE VICENTE MARTÍNEZ RISCO Y AGÜERO



OBRA

Narrativa

_ " Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros " ( Relato breve centrado no tema do esoterismo e  
      da maxia. 1919 )
_ " O lobo da xente " ( 1925 )
_ " A traba de ouro e a trabe de alquitrán " ( 1925 )
_ " A coutada " ( Drama centrado no sentimento da terra e na volta ás orixes. 1926 )
_ " Os europeos en Abrantes " ( Novela que non terminou, unha sátira contra algúns
      coñecidos e lugares de Ourense. 1927 )
_ " O porco de pé " ( Novela longa e máis importante de Risco. Móstranos unha visión satírica 
      das estructuras sociais de Ourense. 1928 )

Teatro

_ " O bufón de El Rei " ( A acción desenrólase na época medieval. A obra pódese considerar
      coma un estudo da deformidade física e moral. 1928 )

Ensaio

_ " Nós , os inadaptados " (Ensaio onde se representa o galeguismo do grupo Nós. 1933 )
_ " Teoría do nacionalismo galego "  ( Obra na que exalta a Galicia a través da lingua, da terra
      e da raza )
_ " Mittleuropa " ( Ensaio onde se recopilan as vivencias de Risco en Centroeuropa durante o
      auxe nazista. 1934 )




lunes, 5 de marzo de 2012

BIOGRAFÍA DE VICENTE MARTÍNEZ RISCO Y AGÜERO



BIOGRAFÍA

Naceu en Ourense no ano 1884. Fillo de funcionario de Facenda. Amigo desde pequeno de Ramón Otero Pedrayo. En 1899 remata bacharelato. Estudiou dereito na universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1906 e ingresa no corpo de funcioanrios de Facenda , con destino Ourense.

En 1910 Vicente Risco entra na redacción do periódico El Miño, no que escribe artículos filosóficos e de actualidade.
En 1913 vaise a  Madrid para estudiar Filosofía e Letras. Alí foi alumno de Ortega . 
En 1916,  volve para Ourense e exerce de mestre  ocupando un cargo na Cátedra de Historia da Escola Normal de Ourense. En 1917 funda a revista literaria La Centuria.

En 1922 cásase con María Carme Fernández Gómez de Allariz. En 1923 ten a súa primeira filla e que morre en 1926. Despois naceu Antón Risco.

Risco apoia nun pirmeiro momento a Dicatadura de Primo de Rivera, consideraa unha oportunidade para eliminar o caciquismo e acepta un posto de diputado provincial en Ourense.

En abril de 1930 marcha a Berlín para seguir un curso de etnografía na Universidade de Berlín. Os catro meses que pasa alá márcanno ideoloxicamente cara un pensamento máis conservador e católico. Fundou con Ramón Otero Pedrayo o Partido Nazonalista Repubricán de Ourense. Risco perdeu as eleccións.
Foi un político galeguista conservador e intelectual español do século XX, membro da revista Nós. 

A verdadeira Galicia, para Risco, é a tradicional, a dos labregos e mariñeiros.
Risco xubílase en 1954, pero continua publicando traballos de etnografía na prensa galega.
Morre o 30 de abril de 1963 en Ourense, uns días despois de que o goberno franquista lle concedera a Medalla de Alfonso X.





domingo, 4 de marzo de 2012

OBRA DE RAMÓN CABANILLAS ENRÍQUEZ




OBRA

Poesía

_ " No desterro " (  Habana , 1913 )
_ " Vento  Mareiro " ( Habana, 1913 )
_ " Da terra asoballada " ( predominan as composicións combativas, na línea das    
      reivindicacións agrarias e dos principios sustentados polas Irmandades da Fala. 1917 ).
_ " O bendito San Amaro " ( 1926 )
_ " Na noite estrelecida " ( poemario considerado como o punto culminante da súa obra. 1926)
_ " A rosa de cen follas " ( Cabanillas recupera o lirismo intimista. É o texto onde máis se
      manifestan os ecos rosalianos. 1927 )
_ " Camiños no tempo " ( 1949 )
_ " Da miña zanfona " ( 1954 )
_ " Versos de alleas terras e tempos idos " ( 1954 )
_ " Samos " ( derradeiro libro publicado na súa vida. 1958 )


Teatro

_ " A man da Santiña " ( Prosa. 1921 )
_ " O mariscal " ( Traxedia histórica en verso. 1926 )

Prosa

_ " A saudade nos poetas galegos " ( 1920 )
_ " Antífona da cantiga " ( 1951 )